Frutosa 1,6-bisfosfato

Frutosa 1,6-bisfosfato
Identificadores
Número CAS 488-69-7
PubChem 445557
ChemSpider 393165
MeSH fructose-1,6-diphosphate
ChEBI CHEBI:40595
ChEMBL CHEMBL1089962
Código ATC C01EB07
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C6H14O12P2
Masa molecular 340,116

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A frutosa 1,6-bisfosfato (ou frutosa-1,6-difosfato,[1] tamén escrita frutosa 1,6-difosfato) é unha molécula de frutosa fosforilada nos carbonos 1 e 6 [2][3]. A forma β-D deste composto é moi común nas células e é un dos metabolitos formados na glicólise e gliconeoxénese.

Os fosfatos que contén están ionizados a pH celular, polo que é unha molécula cargada na célula. Isto fai que non poida atravesar a membrana plasmática e saír da célula, polo que se ve obrigada a participar na ruta glicolítica do citosol celular. Este mecanismo de fosforilación e confinamento dentro da célula utilízase tamén con outros azucres.

  1. MeSH Frutose-1,6-diphosphate
  2. PubChem compound
  3. ChemSpider

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search